Conserva hermética

Ao comezo do século XIX, Nicolás Appert desenvolve en París un método de conservación dos alimentos baseado no quecemento en auga fervendo, unha vez envasados e selados hermeticamente.

Poucos años máis tarde comeza en Nantes a produción e envasado de sardiñas fritidas en aceite, sistema que chegaría logo á costa galega motivado pola abundancia da pesca nas rías.

A finais do século XIX, moitas das empresas salgadeiras galegas evolucionaron cara ao enlatado dos produtos pesqueiros.

Móstrase aquí a primitiva maquinaria de peche de envases, a construción das latas, o seu litografado, autoclaves de esterilización e demais elementos necesarios para a fabricación da conserva hermética.