Marisqueo

Os grupos nómades humanos que desde o período paleolítico habitaron a costa galega completaban a súa dieta recollendo os animais mariños que descubrían as baixamares.

O perfeccionamento das rudimentarias técnicas de marisqueo que poden estudarse nos castros costeiros, xa en tempos máis recentes, empregando frecuentemente útiles de caza ou de labranza, dan lugar ás actuais artes de marisqueo.

Móstrase nesta sección o funcionamento e a evolución dos útiles e apeiros para a recollida de moluscos e crustáceos usados polos mariscadores das rías. A sección divídese en dous apartados: marisqueo a pé e marisqueo desde embarcación ou “a flote”.